Rematan estes dous anos intensos de traballo sobre o tema do audiovisual. Quixemos saber que era o máis vos gustou. Moitas grazas por participar. Os resultados foron:
- O 99% considera que é precisa unha formación para os nenos e nenas no eido audiovisual.
- Dalgunhas das actividades desenvoltas, a valoración foi (lembrade que se podía marcar dende 0 a 5):
· Este blog: 3,83
· Tema do mes: 3,98
· Radio Azul: 4,39
· Xornal Na escola: 4,54
· Ciclo de cine: 4,49
· Concursos de fotografía: 4,07
· Obradoiro de audiovisuais: 3, 79
· Charla sobre videoxogos: 3,72
· Saídas: 4,45
Istos resultados dannos moitos ánimos para seguir traballando neste campo. Grazas.
29.6.09
26.6.09
COM Telexornal
Primeiro telexornal elaborado no centro e esperamos que teña continuidade. O despliege de medios por todas as partes do mundo é impresionante. Os nenos e nenas de sexto, elaboraron este vídeo de maneira cooperativa, distribuíndo funcións e traballando en equipo. Moitas grazas á Cooperativa Central de Frades pola súa axuda.
25.6.09
Gañadora do concurso de superheroína
24.6.09
Varios
Os resultados das enquisas foron:
A película que máis gustou do ciclo de cine foi "Wall-e"
O programa de Radio Azul favorito foi o de quinto.
Lembramos que se pode votar ao vídeo "O Castelo" cada doce horas co mesmo correo electrónico.
Os vídeos que faltan por colgar neste blog e na páxina de Youtube, van tardar un pouco pois o proceso é bastante laborioso.
A película que máis gustou do ciclo de cine foi "Wall-e"
O programa de Radio Azul favorito foi o de quinto.
Lembramos que se pode votar ao vídeo "O Castelo" cada doce horas co mesmo correo electrónico.
Os vídeos que faltan por colgar neste blog e na páxina de Youtube, van tardar un pouco pois o proceso é bastante laborioso.
23.6.09
Ponte nas Ondas 2009

Xa se pode ver e escoitar a programación completa da edición deste ano, incluída a nosa aportación. Hai cousas moi interesantes. Botade unha ollada. Enlace.
22.6.09
Último día de curso
Durante este día especial para todos e todas, teremos contacontos, finais de fútbol, comida e unha pequena homenaxe ao alumnado que vai para secundaria. Aquí vai un avance de todo o que poderemos ver.
19.6.09
Acompáñenos da TVG
Hoxe volvimos sair na televisión, neste caso no programa Acompáñenos de Xose Manuel Piñeiro, case ao final do espazo. Aquí tedes o enlace ao programa por se non tivéchedes a oportunidade de velo.
Programa
Programa
18.6.09
O castelo. Vota
Os nenos e nenas de terceiro participan no concurso "Yo tambien tengo derechos", sobre os dereitos da infancia. Apoiade a súa proposta co voso voto neste enlace.
17.6.09
Saída á Casa Grande de Xanceda e ás piscinas
Hoxe os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de primaria estivemos na Casa Grande de Xanceda, fomos quen de ir a pé, e a nosa sorpresa foi que estaba todo cheo de cámaras de televisión desexosos de falar con nós. De feito saímos en dous programas.
Despois estivemos nas piscinas (tamén a pé) e ali esperábannos o resto de compañeiros e compañeiras e como alí non había cámaras, poñemos algunhas fotos. Vaia día!
A Revista
Telexornal
Despois estivemos nas piscinas (tamén a pé) e ali esperábannos o resto de compañeiros e compañeiras e como alí non había cámaras, poñemos algunhas fotos. Vaia día!
A Revista
Telexornal
16.6.09
Éxito dos discos de Radio Azul

Máis de 100 copias dos programas de radio a beneficio de Medicos sen Fronteiras, xa se venderon. Moitas grazas a todos/as. Aproveitamos para recomendar de novo a web desta organización.
Enlace
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




